top of page

 

Make it Better e os seus miBers

(... insaciabeis criaturas motivadas para facer mais simple e mellor aquelo que o Home, a sociedade e o planeta precisan!) agradécenlle dende xa a súa visita!!!

 

Queremos presentarlle Make it Better – Asociación para a Innovación i Economía Social,  que cariñosamente trataremos tamén por miB, propoñéndonos así, coas súas siglas, deseñar unha bolboreta. Unha bolboreta que debe simultaneamente representar a filosofía orixinal da organización: facer ou axudar a facer mellor, orientarse por necesidades concretas onde queira que estas existan ou persistan, e partir de ideas simples, incorporando conceptos de utilidade, creatividade e de innovación, sexa como medios ou como fins.

 

A bolboreta materialízase nunha organización sen fins lucrativos, exenta e independente de ideoloxías políticas, partidarias, relixiosas ou outras que xeren desigualdade, discriminación ou segregación social, institucional, sectorial ou xeográfica. Por esta razón constitúense estritamente sobre principios de sostibilidade e de responsabilidade, de cooperación para o desenvolvemento e de espallamento de boas prácticas, non só na forma como estes conceptos son hoxe entendidos, senón contribuíndo tamén a que evolucionen, introducindo maior efectividade no cambio e na xeración de impactos positivos.

 

miB está nestes intres en fase de crisálida. En breves concluirá a súa metamorfose, transformándose nunha bolboreta áxil, preparada para iniciar o seu voo!

 

Ficamos, dende xa, absolutamente agradecidos pola súa participación e interese, confiando que xuntos farémolo moito mellor.

 

¡Ata pronto!

Benvid@s

bottom of page