top of page

cal é a misión de miB?  

Moi resumidamente, miB prevé no seu ámbito de actuación: crear, desenvolver, adaptar e aplicar modelos de traballo e ferramentas de desenvolvemento sostible e responsable, cooperando e apoiando aos grupos que mais o necesitan. Na súa misión consta o desenvolvemento humano da sociedade en todas as súas vertentes, económica, social, ambiental e cultural, vinculada aos deberes morais de solidariedade e xustiza e aos demais valores inscritos na Carta de Principios de miB.

 

E como o fará?

miB centrará a súa acción na promoción do espírito de cooperación e asociación con persoas e organizacións que nun determinado momento e contexto se presenten como figuras chave para, conxuntamente, concretar un determinado obxectivo.

Non existen temáticas ou sectores de actividade privilexiados. Prestarase atención a todas as oportunidades de intervención e a un diagnóstico de necesidades. Neste campo competeralle a miB un papel de facilitación e mediación, articulando esforzos e promovendo dinámicas proactivas focalizadas na resolución de problemas dos beneficiarios e dos grupos diana.

Polo tanto, hai que entender miB como un recipiente de recursos chave (ideas, persoas-recurso, métodos, cualificacións, experiencias, coñecementos, capital social) que nalgún momento, organizados e orientados, poden dar resposta ou constituír a solución para un determinado problema ou obxectivo.

 

Creatividade e Innovación!

O modelo organizacional integra un elemento chave, designado como BetterFly - Fórum da Creatividade e Innovación, o cal busca garantir que toda acción poda ser obxecto dun proceso orientado e participado de validación e perfeccionamento. Elo consiste nun grupo de discusión ao cal son aplicadas metodoloxías de traballo colaborativo, onde se integran visións, experiencias e saberes multidisciplinares, que soportan tanto o enriquecemento das ideas en debate, como a xeración de novas ideas e solucións simples mais eficaces para problemas detectados.

 

Valores e principios!

A maioría dos conceptos nos que se inspira a filosofía miB están aglutinados en principios horizontais, aplicábeis a organizacións, grupos e persoas, e mais amplamente  Ã¡s súas accións e actitudes.

Estes principios, reunindo consenso e recoñecemento internacional, son comunmente descritos como Desenvolvemento Sostible; Responsabilidade Social Corporativa; i Economía Social (emprendedorismo social). 

 

Por que make it Better?

bottom of page