Make it Better e os seus miBers* agradécenlle dende xa a súa visita!!!
Queremos presentarlle Make it Better – Asociación para a Innovación i Economía Social, que cariñosamente trataremos tamén por miB, propoñéndonos así, coas súas siglas, deseñar unha bolboreta. Unha bolboreta que debe simultaneamente representar a filosofía orixinal da organización: facer ou axudar a facer mellor, orientarse por necesidades concretas onde queira que estas existan ou persistan, e partir de ideas simples, incorporando conceptos de utilidade, creatividade e de innovación, sexa como medios ou como fins.
A bolboreta materialízase nunha organización sen fins lucrativos, exenta e independente de ideoloxías políticas, partidarias, relixiosas ou outras que xeren desigualdade, discriminación ou segregación social, institucional, sectorial ou xeográfica. Por esta razón constitúense estritamente sobre principios de sostibilidade e de responsabilidade, de cooperación para o desenvolvemento e de espallamento de boas prácticas, non só na forma como estes conceptos son hoxe entendidos, senón contribuíndo tamén a que evolucionen, introducindo maior efectividade no cambio e na xeración de impactos positivos.
A miB concluíu a súa metamorfose, transformándose nunha bolboreta áxil, pronta para iniciar o seu voo!
Ficamos, dende xa, absolutamente agradecidos pola súa participación e interese, confiando que xuntos farémolo moito mellor.
¡Ata pronto!
Benvid@s
