top of page

capital social!

A noción de "capital social" é unha forma de resposta a un dos máis decisivos mitos fundadores da civilización moderna, o de que a sociedade é un conxunto de individuos independentes, cada un actuando para acadar obxectivos aos que chegan independentemente uns dos outros.

 

Na súa estratexia, a miB integra unha noción de capital social que presupón que os individuos non actúan independentemente, que os seus obxectivos non son establecidos de maneira aillada e que o seu comportamento nin sempre é estritamente egoísta. Así, asúmese que os vínculos sociais deben ser encarados como recursos, como activos de capital, que os individuos e as organizacións poden e deben explorar. O capital social é, neste senso, produtivo, xa que elo torna posíbel que se acaden obxectivos que de outra forma nunca se acadarían.

 

 

 

bottom of page