prioridades estratéxicas

A miB propón constituírse como axente transformador, de cambio. Con todo é consciente que a ambición das súas metas non se pode, nin debe, concretar pola acción individual. Por iso conta coa participación crecente de todos, persoas e organizacións conscientes da realidade e da importancia do seu contributo. Coñeza as principais metas definidas no plano estratéxico institucional:

 

> a promoción do espírito de cooperación e o compartir continuo de modelos e boas prácticas desenvolvidas, testadas e validadas no seo da economía social;

 

> o reforzo da plena cidadanía, participación e do compromiso cívico como motores do desenvolvemento das comunidades locais e da sociedade en xeral;

 

> a democratización do coñecemento e da economía, por vía da capacitación, empoderamento e do estímulo á iniciativa e ao emprendedorismo social;

 

> a educación e a cooperación para o desenvolvemento como forma de mitigar as diferenzas entre pobos e rexións, contribuíndo para un mundo máis cohesionado e solidario.